domingo, 10 de decembro de 2017

DATAS DOS EXAMES

Xa están aquí os exames da primeira avaliación e, para que ninguén se despiste, velaí van as datas dos exames de Física e Química:

    3° ESO A: Xoves 14 de decembro
    3° ESO B: Venres 15 de decembro
    4° ESO: Venres 15 de decembro
    1° Bacharelato: Martes 12 de decembro
    2° Bacharelato:(FÍSICA) Martes 12 de decembro
                              (QUÍMICA) Venres 15 de decembro

Moito ánimo a tod@s !

venres, 24 de novembro de 2017

Cursos de Física e Química en Edmodo

Xa están dispoñibles os cursos de Física e Química na plataforma educativa Edmodo.  A través dos mesmos, compartiremos exercicios, recursos educativos e ligazóns e proporanse asignacións e debates. Ademais, pretende ser unha vía de comunicación cotiá entre nós para calquera tipo de consulta ou información sobre asuntos a académicos.
Podedes acceder na web ou instalar a aplicación móbil. 




Se non tedes conta, podédesvos rexistrar con usuario e contrasinal ou coa vosa conta de Microsoft ou Google. O código de cada curso foi compartido na clase.  Así que, xa sabedes, unídevos canto antes para sacar o maior proveito a esta interesante ferramenta que para ampliar o curso máis aló da aula.

martes, 26 de setembro de 2017

Celebramos o Día Europeo das Linguas


Hoxe é o Día Europeo das Linguas e, con tal motivo,  na clase fixémonos eco dunha realidade presente no mundo da investigación científica: a multiculturalidade e a diversidade lingüística  que predomina nos centros de investigación e a importancia capital que ten o dominio dos idiomas para a comunicación eficaz de ideas e coñecemientos entre investigadores e equipos de todo o mundo.
 
Como exemplo mencionamos os congresos Solvay e, en particular, o celebrado en 1927, por tratarse dunha das imaxes máis icónicas da Física ó reunir a un gran número de científicos ilustres,  entre os que contaban polo menos seis idiomas maternos diferentes. 


Tamén comentamos o seguinte artigo que pon o foco sobre a barreira idiomática na difusión e dispoñibilidade de estudios en publicacións científicas, tan necesaria para o progreso dese labor cada vez máis global que é a ciencia :
Artículo: Las lenguas siguen siendo un lastre para la ciencia global

mércores, 6 de setembro de 2017

Benvidos ao novo curso 2017-18!

O curso 2017-2018 está a piques de comezar…
Como adianto, convídovos a pensar sobre a importancia da física e da química na vida diaria. Como xa sabedes, estas disciplinas adoitan ser vistas como algo un tanto alleo á nosa realidade cotiá; porén, ambas están presentes en case todo o que facemos polo que o seu dominio axudaravos a comprender mellor todo o que nos rodea.
Velaquí unha xenial versión da táboa periódica que amosa as aplicación prácticas dos elementos químicos. Foi deseñada polo físico estadounidense Keith Enevoldsen.


Facede clic aquí para acceder á táboa interactiva (en inglés).
Non deixedes de visitar estas ligazóns para aprender a importancia da física e na química nas nosas vidas:


Vémonos o venres, 15!