Os pasados días 2 e 3 de outubro foron concedidos os premios Nobel de Física e de Química, respectivamente.
Arthur Ashkin, Gérard Mourou e Donna Strickland comparten a distinción no eido da Física polo seu traballo relacionado co láser, que os levou a desenvolver innovadoras e potentes "ferramentas feitas de luz". O galardón en Química, por outra parte, compárteno Frances Arnold, George Smith e Gregory Winter, polo seu traballo na síntese de proteínas en relación coa teoría da Evolución.
Os alumnos de Bacharelato fixéronse eco desta importante nova no blog do Proxecto Ciencia Activa, así que, para quen queira saber algo máis sobre as intersantes achegas destes científicos, comparto aquí as ligazóns ás correspondentes entradas feitas por Gigi e Adriana.
Bo traballo de divulgación!