domingo, 15 de marzo de 2020

Eu quedo na casa

De conformidade coas directrices establecidas pola Consellería de Educación con motivo da declaración do estado de emerxencia pola pandemia de coronavirus, nas vindeiras semanas continuaremos programando contidos e actividades de reforzo e ampliación por vía telemática.

Para isto, nas materias do departamento de Física e Química empregaremos os correspondentes cursos de Edmodo como plataforma de reposición de materiais didácticos así como a xeito de vía de comunicación de preferencia. Os contidos e actividades serán publicados en consonancia cos horarios lectivos, polo que se aconsella revisar periódicamente a plataforma mesmo se conta cun servicio de notificacións.

A pesar disto, se houbera incidencias coa plataforma ou para maior información relativa a estas materias, facilito tamén o correo electrónico de contacto: fqfeijoozorelle@gmail.com
Tratemos de tirar o maior proveito posible da situación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario