Este é un símbolo que forma parte da nosa iconografía habitual hoxe en día, soa a futurista, poida que teña que ver con algo perigoso... Sen embargo, o máis probable é que nada se saiba do que pretende representar nin cal foi a súa orixe.
Para ilustrar aos seus compañeiros a este respecto, hoxe, Bea de 3º de
ESO-A, desplegou grandes doses de creatividade e amosou cunha maqueta o
experimento da lámina de ouro levado a cabo por Geiger, Marsden e
Rutherford, que permitiu constatar un feito importante: que os átomos
están consituídos por un núcleo moi pequeno e unha codia moito maior na
que se atopan os electróns, é dicir, que todo aquilo que posuímos ou
sobre o que nos asentamos e nos parece tan firme é nun 99,9999999%
espazo baleiro. Coidado coa vertixe!
E,
¿cómo se podían manter eses electróns alonxados do núcleo se, como
sabemos, as cargas de distinto signo tenden a xuntarse? Pois, propuxo
Rutherford, movéndose en órbitas coma as dos planetas arredor do sol.
Velaí o porqué do símbolo empregado para representar ese modelo do
átomo, o primeiro que
propuxo a existencia dun núcleo, e de aí que se convertese no símbolo da química física nuclear. Coma sempre, tirando do coñecido. Sen embargo, neses
mundos diminutos as cousas non adoitan ser tan sinxelas, como non
tardaría en saberse...
Ningún comentario:
Publicar un comentario